(Galego) A Cuestión Catalá

ORIGINAL LANGUAGES, 10 Nov 2014

aiPAZ- Asociación Española de Investigación para la Paz

aipaz ass española invest paz

A Xunta Directiva da Rede AIPAZ (Asociación Española de Investigación para a Paz) www.aipaz.org sobre a base de distintos documentos de traballo e unha xornada de debate na que participaron membros das organizacións, centros, institutos e persoas que conforman esta rede, acordou facer pública a seguinte:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

1.- A coñecida como “cuestión catalá” é un conflito de natureza política aínda que con compoñentes de carácter social, cultural, lingüístico, económico… e tamén emocional, pois afecta aos sentimentos e ás identidades das persoas.

2.- A evolución dos acontecementos, declaracións e accións, nos últimos anos, non fixeron máis que alimentar o descontento e a confrontación, dentro e fóra de Catalunya. O recurso ante o Tribunal Constitucional do Estatuto de Autonomía de Catalunya, a súa posterior sentenza en 2010, ou as substanciais modificacións establecidas no Congreso dos Deputados a un texto aprobado mayoritariamente polo Parlamento de Catalunya e referendado -ademais- polo pobo catalán, foron, sen dúbida, elementos engadidos de desencuentro para moitos cataláns e catalás.

3.- Hoxe en día, a maioría da sociedade catalá desexa decidir o seu propio futuro político, votar e coñecer, inequívocamente, o seu xeito de relacionarse co Estado no seu caso, é dicir, o seu encaixe no marco xurídico político emanado da Transición e da Constitución de 1978 e das súas posibilidades reais de superación e reforma.

4.- Ese marco político e institucional, plasmado na Constitución, tivo grandes acertos e tamén erros. O pobo de Catalunya, coa súa movilización pacífica e democrática, cuestionou directamente o modelo de Estado xurdido da transición política. Pero non só. Outros acontecementos, en Catalunya e no conxunto do Estado, que afectan ás institucións, á corrupción, ao funcionamento da xustiza, ao estado social e de dereito, ao benestar, ou aos valores e dereitos fundamentais, tamén cuestionan o modelo de Estado e o seu funcionamento.

5.- Os pobos, a cidadanía, teñen dereito a decidir, en paz e en liberdade, sobre os asuntos de relevancia que condicionan a súa vida e sobre o xeito de relacionarse entre si. Trátase dun dereito democrático que non pode ser impedido ameazando co brazo da lei ou da Constitución. Si a consulta á cidadanía non é posible legalmente, fagamos que a lexislación cambie e favoreza a posibilidade de coñecer, realmente, os desexos e sentimentos de calquera pobo, desde o diálogo político e institucional, desde o entendemento e a concordia, para robustecer a democracia, a xustiza, a convivencia e a paz. E regulemos democráticamente as condicións, as súas garantías, as maiorías necesarias, lexítimas, para decidir sobre asuntos de tanta transcendencia política e persoal.

6.- Catalunya, as nacionalidades e pobos de España, mantiveron ao longo do tempo unha historia común con intensas e profundas relacións e interaccións, así como proxectos compartidos en múltiples escalas e materias, pero tamén algúns desencontros relevantes. Entre estes últimos, a plurinacionalidad e as realidades culturais e lingüísticas singulares ou os temas fiscais e económicos, a igualdade e a solidariedade, son asuntos significativos que non fomos capaces de resolver satisfactoriamente co actual marco xurídico político constitucional. Parece imprescindible abordar as necesarias reformas do mesmo, desde espazos de diálogo e de entendemento, para favorecer que as nacións e os pobos consensuen, pacífica e democráticamente, un novo marco no que todas e todos, mayoritariamente, atopemos bo acomodo.

7.- O inmovilismo político, a negación práctica de espazos de diálogo, consenso e entendemento, a oposición a poñer a lei e a Constitución ao servizo da cidadanía e das persoas, coas reformas democráticas necesarias, non fará máis que incrementar o grao de confrontación e de crispación civil, dentro e fóra de Catalunya, violentando a convivencia e ameazando a paz. Outros conflitos, moito máis graves e violentos, foron resoltos positiva e favorablemente modificando a lexislación por medio do diálogo sincero e a negociación política, tanto aquí como noutros lugares do planeta.

8.- Desde AIPAZ, as organizacións, centros, institutos e persoas que investigamos e educamos para a paz, quen facemos da cultura da paz bandeira, entidades moi diversas e plurais que promovemos a resolución ou a transformación pacífica dos conflitos, os dereitos humanos e a súa mundialización cívica, desde unha perspectiva, á súa vez, local, nacional, estatal, universal e cosmopolita, facemos un chamamento ás forzas políticas e da sociedade civil, dentro e fóra de Catalunya, para atopar espazos e marcos políticos, xurídicos e institucionais de entendemento que permitan desbloquear un asunto da máxima importancia para a nosa convivencia. Neste sentido AIPAZ propiciará, na medida das súas posibilidades, que os obxectivos explicitados na presente Declaración, cheguen aos suxeitos e protagonistas políticos e sociais, ás institucións, e á cidadanía, coa vontade de axudar e favorecer o necesario clima de diálogo, entendemento e concordia para resolver pacíficamente un conflito que nos interpela moi directamente.

6 de novembro de 2014

 

CENTROS ASOCIADOS:

Asociación de Voluntariado de la Universidad de Valladolid (AVUVA)

Bakeaz

Campus por la Paz – Universitat Oberta de Catalunya

Cátedra UNESCO de Filosofía para la Paz

CEIPAZ – Fundación Cultura de Paz (CEIPAZ)

Centre Delàs d’Estudis per la Pau

Centro de Investigación para la Paz (CIP-Ecosocial)

Escola de Cultura de Pau UAB (ECP)

Fundación Carta de la Paz Dirigida a la ONU

Fundación Cultura de Paz

Fundación Museo de la paz de Gernika

Fundación Seminario de Investigación para la Paz

FundiPau (Fundació per la Pau)

Gernika Gogoratuz. Centro de Investigación por la Paz

Institut Catalá Internacional per la Pau (ICIP)

Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional (HEGOA)

Instituto de Promoción de Estudios Sociales (IPES Elkartea)

Instituto Universitario de Investigación de la Paz y los Conflictos – Universidad de Granada (Instituto de la Paz y los Conflictos)

Máster Universitario Internacional y Doctorado en Estudios de Paz, Conflictos y Desarrollo

Movimiento por la Paz y el Desarme y la Libertad (MPDL)

Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP)

UNESCO Etxea – Centro UNESCO del País Vasco

******************

PARA MÁS INFORMACION: Manuel Dios Diz, Presidente de AIPAZ: 639586559

 

This article originally appeared on Transcend Media Service (TMS) on 10 Nov 2014.

Anticopyright: Editorials and articles originated on TMS may be freely reprinted, disseminated, translated and used as background material, provided an acknowledgement and link to the source, TMS: (Galego) A Cuestión Catalá, is included. Thank you.

If you enjoyed this article, please donate to TMS to join the growing list of TMS Supporters.

Share this article:

Creative Commons License
This work is licensed under a CC BY-NC 4.0 License.

Comments are closed.