(Galego) Declaracion Institucional do Seminario Galego de Educacion para a Paz en Relación co Ataque Militar a Libia
ORIGINAL LANGUAGES, 28 Mar 2011
Fundacion Cultura de Paz – TRANSCEND Media Service
Nos últimos meses diversos levantamentos populares no Norte de África, inicialmente en Túnez e logo en Exipto, abriron as esperanzas de millóns de persoas en todo o mundo. A chamada Primavera Árabe, protagonizada polas respectivas sociedades civís, particularmente, polos mozos e a través das redes sociais, de maneira pacífica e nonviolenta, conseguiron superar décadas de represión, inxustiza, desigualdade e pobreza. A revolta Libia inspirouse na experiencia tunecina e exipcia, exemplos destacados de victorias pacíficas sobre rexímenes corruptos. Sen embargo, no caso libio, a crueldade sen fisuras do réxime do coronel Gadafi contra o seu propio pobo, derivou nunha militarización do conflito e nunha auténtica guerra civil.
A aprobación da Resolución 1973 polas Nacións Unidas, a decisión de impoñer -pola forza- unha zona de exclusión áerea, aprobada polo Consello de Seguridade da ONU, dalle legalidade a unha actuación que pretende, ademais, protexer á poboación civil libia, un obxectivo loable que compartimos, neste caso, como en tantos outros que viven situacións similares e nos que a comunidade internacional, lamentablemente, non actúa. Esta manifesta contradicción, e a continuidade dos ataques, fainos sospeitar, con razón, que existen outros intereses e diferentes criterios de medir á hora de analizar os perigos para a poboación civil no mundo.
Desde a nosa perspectiva, sen embargo, consideramos que a ONU e os países occidentais, os que lideran a intervención militar, non agotaron previamente todas as medidas de presión sobre o réxime libio. Todo o contario, ata ben hai pouco, vendíanlle armamento convencional sen limitación algunha, dábanlle todos os parabéns nas cancillerías, e recoñecían o seu destacado papel no norte de Africa e no Mediterráneo, mantendo un silencio sepulcral en relación coa violación sistemática dos dereitos humanos, as detencións masivas, as torturas, ou a apropiación dos beneficios do petróleo e o gas.
Para nós, como para as redes nacionais e internacionais das que formamos parte, de educación e de investigación para a paz, Nacións Unidas ten que facer efectivo o mandato que establece a responsabilidade de protexer á poboación civil comprometendo a apertura de negociacións entre as partes en conflito, procurar un alto o fogo real e multilateral e propiciar acordos políticos sobre a base dos principios da democracia representativa. Neste sentido, o secretario xeral da ONU e grandes personalidades internacionais, respetadas e recoñecidas polas partes, incluídas obviamente as musulmás, deberían formar parte de calquera tipo de conversas de paz.
Ramatar canto antes os ataques aéreos, limitar ó máximo a agresión, interpoñer de inmediato forzas de vixianza de paz das Nacións Unidas e retomar o papel da diplomacia, deberan ser obxectivos da comunidade internacional.
Non é aínda demasiado tarde para evitar que o conflito apodreza e manteña, por moito tempo, a guerra e a violencia; para impedir unha partición artificial do territorio e a apropiación cobizosa das riquezas petrolíferas e gasísticas, directa ou indirectamente, mantendo gobernos títeres ou protectorados occidentais.
A mobilización social contra da guerra é un dereito lexítimo da nosa sociedade, con independencia da decisión maioritaria tomada polo Congreso dos Deputados de respaldar a intervención, coas excepcións do BNG e de IU.
Urximos á contestación social, a recuperar o espíritu do “Non á guerra”, en contra das intervencións militares e a favor das solucións negociadas.
Urxen unhas Nacións Unidas renovadas e profundamente transformadas para facer efectiva a súa Carta Constituínte. Non poden continuar cinco membros permanentes do Consello de Seguridade patrullando o mundo como si estiveramos en 1945. Non podemos seguir tolerando o despilfarro armamentístico, máis de 4.000 millóns de dólares diarios mentres a crise financieira sacude ós sectores máis febles e desfavorecidos do planeta.
Para o Seminario Galego de Educación para a Paz as prioridades son as seguintes: necesitamos reducir o armamentismo para desenvolver ós pobos. As necesidades humanas son a principal prioridade. O mundo debe acadar os Obxectivos do Milenio dicindo non á priorización do militarismo e a carreira de armamentos.
Temos que asumir, dunha vez por todas, que a democracia non pode ser imposta por medio de bombas e misís, que as matanzas non se evitan provocando máis masacres. Os tempos son chegados de colaborar cos movementos democráticos dos pobos, de impulsar as reformas, de axudar e compartir, de facer efectiva a solidariedade, de contruír sociedades baseadas na Cultura da Paz, como desexan os pobos e as sociedades civís en todo o mundo, e como tamén proclama Nacións Unidas.
Que ninguén nos acuse do delito de silencio.
É tempo de acción.
O Seminario Galego de Educación para a Paz apoiará todas as mobilizacións pacíficas e nonviolentas convocadas para manifestar a oposición á intervención militar en Libia e convocará á Coordinadora Galega pola Paz co fin de acordar accións unitarias nesta dirección.
Manuel Dios Diz
Presidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-554053
Rúa do Valiño 13-1º
15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA
This article originally appeared on Transcend Media Service (TMS) on 28 Mar 2011.
Anticopyright: Editorials and articles originated on TMS may be freely reprinted, disseminated, translated and used as background material, provided an acknowledgement and link to the source, TMS: (Galego) Declaracion Institucional do Seminario Galego de Educacion para a Paz en Relación co Ataque Militar a Libia, is included. Thank you.
If you enjoyed this article, please donate to TMS to join the growing list of TMS Supporters.
This work is licensed under a CC BY-NC 4.0 License.
Read more
Click here to go to the current weekly digest or pick another article:
ORIGINAL LANGUAGES: