Articles by Manuel Dios Diz
We found 10 results.
(Galego) A paz é o camiño… 21 de Setembro, Día Internacional da Paz
Manuel Dios Diz - Fundacion Cultura de Paz,
15 Sep 2014
A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que “desaprender” para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. A paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
→ read full article(Galego) Acoso Escolar, Maltrato entre Iguais, Bulling
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
13 May 2013
Para abordar os casos de maltrato entre iguais, vulgarmente coñecidos como acoso ou co seu termo en inglés “bulling”, o primeiro que debemos fomentar nun centro educativo que ten menores ó seu cargo, é a prevención, é dicir, de acordo cun Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de referencia, como o que temos vixente en Galicia.
→ read full article(Castellano) Acoso Escolar, Maltrato entre Iguales, Bulling
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
13 May 2013
Siempre reitero que dedicamos muchas horas, días, meses, años, a enseñarle al alumnado a resolver complejos problemas matemáticos, físicos, químicos… pero muy pocos minutos a enseñarles a resolver sus propios problemas, los de relación entre iguales, aquellos que encontrarán, con mayor frecuencia, en sus vidas. Y para esto, la educación afectivo emocional resulta imprescindible, en casa y en la escuela.
→ read full article(Galego) Sen Profes Non Hai Escola
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
22 Apr 2013
Semana Mundial pola Educación 21 a 28 de Abril – Estamos na Semana Mundial pola Educación (SAME), unha actividade que se enmarca nunha campaña, moito máis ampla, de carácter internacional, na que participan ONGs, sindicatos de educadores, centros escolares e movementos sociais comprometidos co dereito á educación en todo o mundo.
→ read full article(Galego) Malditas Guerras
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
25 Mar 2013
Moitas persoas lembran, non esquecen, a minuciosa preparación propagandística, a sistemática mentira, a reiterada e amplificada mentira, con aquela posta en escena, máis propia da Cortiña de Fume, de Barry Levinson, operación liberdade iraquí, Collin Powell na ONU, coas súas imaxes trucadas, a foto das Azores con Bush, Blair, Aznar e o anfitrión Barroso, a impotencia dos inspectores Blix e El Albaradei, incapaces de frear aquel delirio reiterando a inexistencia de armas de destrución masiva en poder de Saddam Hussein.
→ read full article(Galego) Obama, o Executor
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
10 Oct 2011
Pouco importa que estas actuacións vulneren a legalidade internacional ou que provoquen con frecuencia graves danos colaterais… Dereito á autodefensa, loita contra do terrorismo internacional, guerra contra Al Qaeda… conceptos e consignas -mil veces repetidas- que ampararían crimes horrendos… Mágoa de Obama, un Nobel das Paz reconvertido en executor. Mágoa. Para a maioría dos medios de comunicación, esta execución criminal acadou a categoría de “breve”. Cousas da liberdade de expresión, que diría o Sr. Murdoch. Mágoa tamén.
→ read full article(Galego) Perdemos Todos
Manuel Dios Diz – TRANSCEND Media Service,
3 Oct 2011
Diminuír, recortar drasticamente o gasto social, a cooperación ó desenvolvemento, os programas contra da pobreza e a exclusión, a educación para a solidariedade, desvertebra e anula á nosa máis viva sociedade civil, incrementa o desemprego, corta o feble cordón umbilical que nos mantén unidos coas persoas e organizacións do Terceiro Mundo, e medran as diferencias, aquí e a nivel planetario, aumenta a inxustiza e a discriminación, trunfa o egoísmo, a inseguridade e a violencia, en definitiva, perdemos todos.
→ read full article(GALEGO) NO 60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS (1948-2008)
Manuel Dios Diz,
29 Nov 2008
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos celebra o vindeiro 10 de Decembro o seu 60 aniversario. O feito de seren estes dereitos recoñecidos debémolo, en gran medida, aos milleiros e milleiros de persoas que se sacrificaron e mesmo deron a súa vida por facelos realidade. A Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948 é […]
→ read full article(GALEGO) ?MESTRA, APRENDEME A MIRAR!
Manuel Dios Diz,
16 Oct 2008
Parece unha moda, unha constante, unha estratexia de marketing perfectamente deseñada. Trátase de cargar contra da xuventude en xeral, en ocasións mesmo demonizando, cando non criminalizando, os seus comportamentos e condutas, unha triste reacción do chamado “mundo viejuno” respecto das novas xeracións, un deporte de fonda tradición e moi popular. Xa Sócrates (470-399 a.d.C.) acusaba […]
→ read full article(GALEGO) 2 DE OUTUBRO – DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA
Manuel Dios Diz, presidente, Seminario Galego de Educaci?n para a Paz,
6 Oct 2008
Foi precisamente un 2 de Outubro de 1869, en Porbandar, na India, cando vía a luz o que pasa por ser o pacifista contemporáneo máis recoñecido, Mohandas Karamchad Gandhi. Por iso, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas proclamou, en xuño pasado, que nesa data, cada ano, conmemorásemos o Día Internacional da Non Violencia. […]
→ read full article